Matrícula a través deste formulario
Inicio do curso: 01/09/2026
Data de finalización: 01/11/2026
Exame a primeira semana de novembro, na EGAP, en Santiago de Compostela
Número de prazas limitado (25)
É preciso acreditar o nivel Celga 4 ou equivalente
Data límite de inscrición: 18/08/2026
A petición de colexiados funcionarios da Xunta de Galicia, e no marco do noso compromiso coa formación permanente e co fomento do uso do galego no tecido económico e profesional, a Demarcación de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para o desenvolvemento do curso oficial de Linguaxe Administrativa Nivel Medio.
Este curso está deseñado especificamente para mellorar a capacitación dos colexiados/as no uso do galego nas relacións laborais e empresariais e tamén ten un grande valor en diferentes procesos selectivos das Administracións públicas.
O curso será impartido por profesorado especializado designado pola Secretaría Xeral da Lingua, e o seu contido será o establecido na Orde do 13 de xuño de 2011.
A avaliación será continua, con prácticas e proba final.
O número de prazas é limitado (25) e, no caso de que se reciba un número superior de solicitudes, aquélas cubrirarnse por sorteo, segundo a orde de preferencia que se indica no apartado seguinte.
Custo da la matrícula
|
Nº orde
|
Tipo de matrícula
|
Custo
|
|
1
|
Enxeñeiros de camiños, canais e portos colexiados persoal da Xunta de Galicia (persoal funcionario de carreira, interino ou laboral)
|
230,00 €
|
|
2
|
Enxeñeiros de camiños, canais e portos colexiados persoal doutras administracións públicas
|
230,00 €
|
|
3
|
Enxeñeiros de camiños, canais e portos colexiados
|
230,00 €
|
|
4
|
Colexiados doutros colexios profesionais integrantes do Consello Galego de Enxeñerías, CGES (http://www.cges.gal)
|
230,00 €
|
|
5
|
Colexiados doutros colexios profesionais
|
300,00 €
|
|
6
|
Matrícula xeral
|
400,00 €
|
