Curso Ágora sobre o Espazo Público

Cesta

Modalidad: 
On line
25% de desconto para colexiados do CICCP. Esta formación certificará que recibes unha serie de coñecementos relacionados cos principios de Ágora, a partires dos que podes garantir unha dedicación acaída aos proxectos de transformación do espazo público para incrementar a súa amabilidade e fomentar as mobilidades alternativas. +INFO
 
O primeiro curso da Facultade Ágora componse de 4 módulos, cada un deles integrados por 3 seminarios. A duración total do curso é de 40 horas.
Cada un dos módulos está relacionado con varias das dimensións do espazo público (Urbanismo, Dereito, Socioloxía, Medio Ambiente, Economía e  Gobernanza). Á súa vez, cada un dos seminarios relaciónase con varios dos principios da Rede Ágora.
Cada seminario ten unha duración total de 3 horas e 20 minutos, composto por:
Duas ou tres conferencias maxistrais de 45 minutos cada unha delas, destinadas a aprofundar no plano conceptual que dá soporte aos principios da Rede Ágora.
Exposición de casos prácticos, en forma de coloquio entre  varias persoas convidadas ou relatorios sobre proxectos locais, co obxectivo de aprofundar na dimensión técnica que permite plasmar no espazo público os devanditos conceptos. Duración variable entre 60 minutos e 20 minutos.
Quenda de preguntas aberto ás persoas asistentes. Duración: 30 minutos.
Dada a situación de emerxencia sanitaria debido á  Covid 19 todos os seminarios celebraránse en formato en liña, con posibilidade de que algúns deles teña lugar  presencialmente, dependendo da evolución da pandemia ao longo do ano 2021.
Así mesmo, existe a posibilidade de complementar os seminarios con algunhas visitas guiadas a certas intervencións realizadas no espazo público da provincia de Pontevedra considerados casos de boas prácticas.
No caso de que a situación sanitaria permita a realización de seminarios presenciais e/ou visitas a casos prácticos, a súa celebración será comunicada coa antelación suficiente.