Deputación da Coruña

Cesta

A Demarcación de Galicia ven sendo beneficiaria, nos últimos anos, do programa de subvencións da Deputación da Coruña para actividades (FOENAA) e investimentos (FOENIA) de promoción económica.

Con esta achega, puidéronse organizar algúns dos Encontros da Enxeñería de Camiños, Canais e Portos de Galicia, así como mellorar o equipamento da aula de formación e da sede da Demarcación. 

 
No ano 2026, foron varias as actividades subvencionadas pola Deputación da Coruña, a través do programa de subvencións dirixido a entidades e asociacións empresariais da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2026 (FOENAA 2026), que apoiou os XII Encontros de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos de Galicia. 
 
O 29 de xaneiro, na sede da Demarcación na Coruña, presentouse o libro "De puentes por España", que percorre as pontes mais representativas do noso país da man de Carlos Polimón Olabarrieta, enxeñeiro de camiños e especialista en estruturas e que, ademais, leva a cabo unha destacada laborl divulgativa en redes sociais (en X como The General @johnygrey e en Instagram coma thegeneral_jonnygrey).
 
0 5 de marzo, na Coruña, desenvolveuse o Foro de Deseño nas obras públicas, ao que acudiron relatores de Galicia e do resto de España para tratar cómo o deseño está presente nas obras públicas que proxectan e dirixen os enxeñeiros de camiños, canais e portos. Neste enlace atópase a información da xornada, así como a súa gravación.
 
O 24 de abril, celebrouse en Santiago de Compostela o XII Encontro de Enxeñería Civil Galicia-Norte de Portugal, no que enxeñeiros galegos e portugueses debatiron sobre as infraestruturas na Eurorrexión.
Neste enlace pódese acceder a información desta xornada e á súa gravación. 
 
O 28 de abril, na Coruña, organizouse a Xornada sobre a calidade do Emprego dos enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos no sector da Enxeñería. Representantes da enxeñería de camiños trataron esta cuestión, contando coa participación de representantes da Administración, entre os que estaba Juan Bautista Suárez, interventor adxunto da Deputación da Coruña. A noticia sobre esta xornada, así como os discursos de inauguración e a xornada completa, atópanse neste enlace.
 
O 22 de maio, na Coruña, entregouse XIV Premio San Telmo á Dragaxe Medioambiental da ría do Burgo, acto no que participou, entre outras autoridades, Hugo Morán, secretario de Estado de Medio Ambiente. Previamente, inaugurouse unha placa na obra, acto no que participou o alcalde de Culleredo e o Concelleiro de Obras do Concello de Oleiros. A información sobre o acto, así como a gravación, están premendo aquí. 
 
 
 
 
No ano 2023, a través de FOENIA (Convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para investimentos de promoción económica), fixéronse as seguintes inversións:
 
Novo rótulo de fachada, que substitúe ao antigo, xa moi deteriorado. Aproveitando este cambio, o novo cartel é bilingüe.
 
Instalación de tarima para a celebración de xornadas, cursos ou reunións, que mellora a visibilidade tanto dos asistentes coma dos relatores e remata a mellora da sala, xa iniciada coas novas cadeiras, mesas e atril, tamén equipadas cunha subvención da Deputación da Coruña.
Instalación dun novo toldo mecanizado, sobre o que se pode proxectar, e mecanización dos dous toldos existentes. Deste xeito conséguese unha nova superficie de proxección e, ademais, mellórase a utilización dos toldos, tanto dos actuais como do novo.
Instalación dunha mampara practicable na zona de administración, que permite o seu peche total, minimizando así a perda de calor e cun deseño adaptadao ás instalacións
 
E para completar as inversións correspondentes ao ano 2024, mercouse un ordenador portátil, con características axeitadas para o uso por parte dos relatores e adaptado ao equipamento de imaxe e son dos que se dispón.
 
 

No ano 2022, a Demarcación puido mellorar o seu equipamento de imaxe e son e o seu mobiliario, para poder desenvolver mellor os actos convocados na súa sede, tanto para seguimento presencial como on line.

 

No ano 2020, cunha subvención FOENAA, organizouse a xornada sobre  Intervencións dende a enxeñería na conservación e recuperación dos Camiños de Santiago en Galicia, na Coruña, con participación de profesionais e expertos de diversos organismos e institucións.


 
 
 
Coa subvención concedida no ano 2019 mellorouse a aula de formación, adquirindo novas mesas e cadeiras, unha pantalla de proxección, un novo equipo informático e un sistema de microfonía: