Comisiones

Cesta

Estimado/a compañeiro/a,

A Xunta Reitora, seguindo o Regulamento da Demarcación de Galicia, vai canalizar a participación dos colexiados a través de comisións específicas, que estarán presididas por diferentes membros da propia Xunta. Deste xeito, garántese unha boa comunicación entre as comisións e o órgano reitor do Colexio.

As Comisións son as encargadas de tratar temas da súa respectiva competencia, ben de oficio, ben a proposta ou por encarga da Xunta Reitora. Pretenden ser unha canle de participación/achega dos colexiados que así o desexen. Máis abaixo encontrarás a relación de Comisións que se aprobaron en Xunta Reitora, xunto cos seus Presidentes.

Por iso, se queres achegar de forma activa ao Colexio, ben por interese nalgún tema específico, ben por experiencia/coñecementos dalgunha materia en concreto, anímote a formar parte destes órganos de participación.

Nese caso, podes solicitalo dirixindo un correo a galicia@ciccp.es, indicando o teu interese en participar. 

Recibe un cordial saúdo

Enrique Urcola Fernández-Miranda
Decano

Comisións da Demarcación de Galicia:

COMISIÓN PRESIDENTE VICEPRESIDENTE
ARTE E ENXEÑERIA Antonio López Blanco Juan José Vázquez Cerreda
MOBILIDADE E URBANISMO Carlota Pita Pita Juan Antonio Rodríguez Pardo
Francisco Alonso Fernández Enrique Urcola Fernández-Miranda
POSTA EN VALOR DA ENXEÑERÍA María del Mar García Álvarez María Luz Rivas Díaz
INFRAESTRUTURAS E OBRAS Fernando Corbal Debén Antonio Fontenla Piedrahita
PARA A AXENDA 2030 Miguel Ángel Núñez Casamayor María Luz Rivas Díaz
EMPRENDEMENTO Miguel Ángel Núñez Casamayor María Luz Rivas Díaz
NOVOS Lorena Solana Barjacoba Miguel Ángel Núñez Casamayor
COMISIÓN BIM María del Mar García Álvarez