O Plan de seguridade viaria de Galicia 2026-2030 ten como propósito consolidar un sistema viario seguro, resiliente e adaptado aos cambios nos patróns de mobilidade de Galicia, incorporando a innovación tecnolóxica, a análise avanzada de datos e a mellora continua como ferramentas esenciais para a toma de decisións e a avaliación de resultados.
Antes de dar por rematado o documento, pónse a disposición nesta páxina o borrador do Plan de seguridade viaria de Galicia 2026-2030, abríndose un prazo para a remisión de achegas ou opinións que se consideren oportunas por parte da cidadanía.
Pódense enviar a través de:
Correo electrónico: apisv.axi@xunta.gal, poñendo no Asunto "Borrador do Plan de seguridade viaria de Galicia 2026-2030".
Correo postal: Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. Axencia Galega de Infraestruturas. Edificios Administrativos San Caetano, s/nº. 15781 Santiago de Compostela
