Convocado el Premio Santelmo 2021. CICCP Galicia

Jueves, 15 Julio 2021
Etiquetas: 
Formación

PREMIO SAN TELMO 2021 DO COLEXIO DE ENXEÑEIROS DE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS DE GALICIA
Actuacións finalizadas entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2021

O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, convoca o Premio San Telmo 2019, na honra do construtor de pontes en Galicia, para a actuación en Enxeñaría Civil máis representativa de Galicia. Os méritos para obter esta distinción basearanse fundamentalmente en argumentos que resalten a calidade técnica, territorial e construtiva da actuación, e que redunden na mellora da calidade de vida dos habitantes de Galicia, tanto dende o punto de vista ambiental, coma dende o punto de vista económico.
Na súa quinta edición, o premio outorgarase de acordo coas bases seguintes:
Poderán optar a este Premio as actuacións ou obras en Enxeñaría Civil de nova planta ou de intervencións significativas en obras existentes, finalizadas entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2021, en Galicia.