Facultade Ágora. Abierto el plazo de inscripción

Miércoles, 29 Junio 2022
Etiquetas: 
Noticia
Documentos asociados: 
A Facultade Ágora é unha iniciativa formativa promovida polo departamento de Mobilidade e Espazo Público da Deputación de Pontevedra que se inicia en 2021 e continúa en 2022 con novas propostas. Enlace Facultade Agora aquí
 
Durante o curso 2022 desenvolveranse as seguintes actividades:
Curso Ágora on line. Curso en liña sobre espazo público integrado por once seminarios, asistido por Fernando Nebot como titor. Un curso multidisciplinar sobre as funcións, calidade e tratamento do espazo público como dereito fundamental, imprescindible para poñer en valor este ben social, que necesitamos recuperar e tratar como auténtico escenario da vida cotiá de pobos e cidades.
  • Obradoiros Ágora. Talleres destinados a profundar en aspectos concretos do espazo público. Cada un deles realizarase nun concello diferente da Provincia de Pontevedra e contará coa visita dunha persoa experta de recoñecido prestixio que sumará ás dinámicas de traballo os seus coñecementos e impresións. Cada evento estará integrado por unha sesión en sala e unha visita comentada a espazos públicos considerados casos de boas prácticas. Desenvolverase ao longo de todo o día e inclúe un almorzo de traballo.
  • Conversas Ágora. Coloquios entre persoas de primeira liña, coñecidas polos seus traballos e investigacións en relación co espazo público e a mobilidade sostible. Tres eventos formativos de acceso libre e posibilidades presencial e remota. Eventos públicos ao redor de temas monográficos relacionados co espazo público e os cambios culturais que implican as transformacións en curso.