Retos no ámbito rural en relación coa planificación hidrolóxica

Viernes, 10 Septiembre 2021
Etiquetas: 
Noticia
Augas de Galicia está a desenvolver o proceso de participación e consulta pública das propostas de proxecto do Plan Hidrolóxico e do Plan de Xestión (PH) do Risco de Inundación (PXRI) da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, correspondentes ao ciclo de planificación hidrolóxica 2021 – 2027. O obxectivo deste proceso é a recompilación das distintas opinións e inquedanzas da poboación en xeral e dos distintos colectivos e organizacións interesadas e usuarios da auga da demarcación que podan enriquecer os documentos que finalmente se redacten.
Dentro deste proceso, iniciado o pasado 2 de xullo coa webinar de Presentación das propostas do PH e do PXRI da Demarcación Galicia-Costa do Ciclo 2021-2027, Augas de Galicia desenvolverá o próximo 10 de setembro as 10:00 da mañá, a terceira xornada de participación na que se pretenden tratar os retos no ámbito rural en relación coa planificación Hidrolóxica.
Nesta ocasión, preténdese abordar o equilibrio entre o desenvolvemento socio-económico no ámbito rural da Demarcación e a protección do medio hídrico nesas zonas. Neste sentido dos retos abordados pola planificación hidrolóxica para o rural pódense destacar os seguintes:
  •          A adaptación das infraestruturas e modelos de xestión dos servizos hídricos a unha escala máis reducida e axustada a poboación dispersa do rural..
  •          A consecución do desenvolvemento sostible das actividades agrogandeiras e forestais para compatibilizar estas coa protección dos ecosistemas fluviais.
  •          Necesidade de mitigación dos e efectos e adaptación ao Cambio Climático.
Esperamos fomentar o debate cidadán sobre este tema e poder analizar, xunto cos representantes dos distintos grupos de interese (entidades locais, comunidades de usuarios, agricultores e gandeiros, silvicultores, ecoloxistas, expertos, persoal da administración, etc.), os distintos puntos de vista que se podan presentar.
A sesión será gravada para que o vídeo sexa publicado na páxina web de Augas de Galicia para dar difusión e compartir o contido.
Para poder asistir complete o formulario que atopará nesta ligazón