O Xurado do XIV Premio San Telmo, reunido na sede da Demarcación de Galicia do CICCP, o día 23 de febreiro de 2026, acordou propor á Xunta Reitora do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, a concesión do XIV Premio San Telmo, para actuacións concluídas en Galicia desde o 01/01/2024 ao 31/12/2025, á seguinte:
O Dragaxe ambiental dos sedimentos da ría do Burgo, promovida pola Dirección General de la Costa y el Mar (Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico)
por considerar que é a actuación, que máis resalta pola súa calidade técnica, territorial e construtiva e que mellor redunda na mellora da calidade de vida dos habitantes de Galicia, tanto desde o punto de vista ambiental, como desde o punto de vista económico.
O Xurado tamén acordou propor a concesión de un accésit a conceder ás actuacións seguintes.
Autovía Lugo-Santiago (A54). Tramo: Enlace de Melide Sur – Enlace Palas de Rei, promovida polo Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible
Pasarela e ascensor urbano HALO. Proxecto: conexión peonil entre as rúas Serafín Avendaño e Vía Norte no Concello de Vigo, promovida polo Concello de Vigo
Podes ver estas tres actuacións e as outras cinco actuacións candidatas no seguinte enlace
Aparición en prensa:
El dragado de la ría de O Burgo gana el premio a la mejor obra de ingeniería de Galicia. La Opinión A Coruña
Las obras del dragado ambiental de la Ría de O Burgo, distinguidas por el Colegio de Ingenieros con el Premio San Telmo. El Ideal Gallego
