V Encontros. Xornadas

Cesta

Xornadas

 
Portos de Galicia: unha oportunidade de futuro   O ferrocarril en Galicia: Mercadorías
     
 
     
Santiago de Compostela, 27/02/2019   A Coruña, 12/03/2019
     
Xornada impulsada por Portos de Galicia e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia.
Nesta xornada repasaranse os temas portuarios para fomentar una reflexión conxunta con todos os axentes implicados, para continuar coa mellora dos servizos que se prestan nos portos galegos e impulsar a súa modernización e crecemento sustentable.
Acto aberto ao público

+info e inscripcións

 
Coa participación de expertos no transporte ferroviario, presidentes de Autoridades Portuarias, representantes de RENFE e ADIF, etc.
Ao longo da xornada debatirase a o papel do transporte ferroviario na distribución de mercadorías e a súa interacción con outros sistemas de transporte
Clausurarán o acto a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia e a presidenta do ADIF
Acto aberto ao público

+info e inscripcións

     
Saneamento municipal e riscos de asolagamento   Homenaxe a Álvaro García Meseguer
 
     
Ourense   A Coruña, 07/03/2019
     
Nesta xornada, organizada en colaboración coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, estudiaranse os criterios de deseño e as actuacións levadas a cabo pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil no ámbito do saneamento e do estudio dos riscos de asolagamento.  
Xornada dedicada a un enxeñeiro de camiños, canais e portos, falecido no ano 2009, referencia no ámbito do formigón armado.
Ademais, foi profesor e investigador no CSIC e desenvolveu a súa actividade noutros ámbitos como a de tradución de textos teatrais  e adaptacións teatrais.
Interesouse polo estudio da lingua en diversos ámbitos, e entre as súas publicacións neste campo están "La patología y el lenguaje. Informes de patología", "Clases y categorías de nombres comúns: un nuevo enfoque" ou "Lenguaje y discriminación sexual"
Auditorio de Afundación (Cantón Grande, A Coruña), o día 07/03/2019 ás 19:00 h